O alumnado de 1º ESO A, B e C da materia de Tecnoloxía e dixitalización, rematou os proxectos de taller.
Son estruturas feitas con madeira, taboleiros, cartón e papel que levan incorporado un circuíto eléctrico e un mecanismo.
Os grupos de traballo formados por tres ou catro persoas tiveron que chegar a acordos de elección da estrutura, decidir o deseño e desenvolver os procesos de marcado, aserrado, lixado, encolado, decorado etc.
A maioría das construcións son casiñas: modernas, clásicas, con xardín, con piscina... pero tamén hai unha pista de esquí, un futbolín e varios estadios deportivos.
Elaborouse unha estrutura resistente ao peso dunha persoa, que está feita con tubiños de papel.
Moito traballo e moita ilusión no desenvolvemento dos proxectos. Asimilaron os contidos da materia, cun resultado extraordinario. Noraboa a todos!

Velaquí os resultados:

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario