O departamento de Bioloxía levou a cabo o "Proxecto Ríos" proposto pola profesora Alba González Picáns que en colaboración cos departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Galega, Física e Química e o Equipo e Dnamización Lingüística desenvolveu un estudo do ecosistema fluvial do río Pexegueiro que se atopa na contorna do noso instituto IES Mendiño.
Nesta ligazón ao power point podemos consultar as tarefas realizadas polo alumnado e fotografías:
O proxecto desenvólvese dende diiferentes perspectivas: dende a materia de Bioloxía e Xeoloxía, impartíronse os contidos relativos aos ecosistemas, especialmente os ecosistemas fluviais, analizando polo miúdo aquelas características propias dos mesmos dende o punto de vista tanto do biótopo como da biocenose. Deste xeito, tentouse que todo o alumnado entendera as particularidades do ecosistema e da importancia da súa protección e conservación.
Dende a materia de Xeografía e Historia aportouse a información histórica relativa ao río e a contorna do mesmo.
Dende o departamento de Lingua Galega, leváronse á radio as investigacións do alumnado que tiñan que ver co río, para que dedste xeito toda a comunidade educativa tivera acceso a esta información.
Dende o Equipo de Dinamización Lingüística realizáronse enquisas e gravacións para coñecer os topónimos da contorna do río, os nomes dos muínos, das tarefas e usos do muíño, recompliaron as lendas e cantigas... é dicir o patrimonio etnográfico deste ámbito.
Poroutra banda, tamén se realizaron saídas formativas ao entorno do río Pexegueiro da man dos integrantes do Proxecto Ríos para coñecer o estado de saúde físico químico e a flora e a fauna que forma parte do ecosistema fluvial.
As actividades realizadas recóllense nun power point elaborado polo profesorado participante e cítanse a continuación:
1º proxecto competencial: Saída á contorna para facer unha limpeza e recoller lixo.
1º proxecto competencial: Fixemos experimentos no laboratorio sobre a tensión superficial.
1º proxecto competencial: Observamos e estudamos a biodiversidade do ecosistema fluvial.
1º proxecto competencial: Realizamos un herbario coas follas e froitos das especies do ecosistema fluvial.
3º proxecto competencial: Estudamos a contaminación do río Pexegueiro e medimos parámetros fisico-químicos.
O alumnado de 2º de bacharelato de CTMA elaborou unha xincana para o alumnado de proxecto competencial de 1ºESO. A temática principal da mesma foi o río Pexegueiro e a súa conservación.
1º e 3º da ESO de Proxecto Competencial: Saída á inspección medioambiental do Pexegueiro con Proxecto Ríos.
1º de Proxecto Competencial: Convertémonos en expertos de diferentes grupos de seres vivos logo de buscar información sobre eles e expoñémolo na aula.
1º de Proxecto Competencial: Analizamos a fauna e flora do río Pexegueiro preparando e preparamos una exposición.
1º ESO: Ruta polo río para coñecer os muiños e a súa historia coa colaboración da asociación “Obradoiro de estudos locais Fernando Monroy”.
3º ESO: Xornada de limpeza do río coa colaboración da asociación “Obradoiro de estudos locais Fernando Monroy”.
3º de Proxecto Competencial: Visita a depuradora de Vigo para coñecer os procesos de depuración das augas.
3º de Proxecto Competencial: Grabación de un podcast resumo do curso e das actividades realizadas.
Dentro deste proxexto o noso centro desenvolveu unha serie de actividades en colaboración coa asociación Obradoiro de Estudos Fernando Monroy que consistiu nunha charla no centro para reflexionar sobre o valor ecolóxico, etnográfico, lingüístico... que se atopa na contorna do río Pexegueiro..
![]() |
| Imaxes da charla que lle ofreceu Álvaro, membro do Obradoiro Fernando Monroy, ao noso alumnado |
![]() |
| Visita ao muíño de Cabo da Vella, un exemplo de muíño de cubo. |
![]() |
| Imaxe da explicación ofrecida no muíño de Berra polo caldo sobre o patrimonio etnográfico. |
![]() |
| Reflexión sobre a importancia de conservar o noso patrimonio natural e as especies autóctonas. |










Comentarios
Publicar un comentario