Este curso participamos novamente no proxecto Clases sen fume da Xunta de Galicia para concienciar ao noso alumnado das consecuencias do tabaquismo.
Na primeira avaliación (ata decembro) o alumnado
comprometeuse a non fumar, mirou vídeos, realizou traballou coas unidades
didácticas propostas polo profesorado e elaborou o slogan individual.
Finalmente cada aula elixiu o mellor slogan e a mellor imaxe para crear o
seu cartel de aula.
Na segunda avaliación (dende xaneiro ata finais de abril)
o alumnado continuou a traballar con fichas sobre o tabaquismo e as adicións.
No mes de marzo, recibimos a visita da doutora María
Torres Durán (coordinadora da Unidade de Neumoloxía do Hospital Álvaro
Cunqueiro de Vigo) que lles impartiu unha interesante conferencia sobre as
consecuencias no noso organismo do tabaquismo (enfermidades pulmonares,
diferentes cancros, etc.).
No mes de abril, a doutora Victoria Aldea agasallou ao
noso alumnado cunha interesante conferencia sobre os diferentes soportes para o
consumo de tabaco coas súas características e consecuencias, reflexionou sobre
a publicidade do tabaquismo con datos moi interesantes, realizou diversas
cooximetrías ao alumnado con datos moi reveladores que causaron gran impacto no
alumnado.
![]() |
| Imaxe dos slogans realizado por cada un dos grupos de 2º da ESO que participaron no concurso. |
![]() |
Conferencia da doutora Victoria Aldea informando ao alumnado sobre a publicidade enganosa das diferentes variedades de consumo de tabaco: vapeadores, tabaco de liar... |
![]() |
| Conferencia da doutora María Rivas, especialista en pneumoloxía, que lle explicou ao noso alumnado os riscos do consumo de tabaco en idades temperás. |
![]() |
Os carteis foron expostos nas aulas e nos corredores do noso instituto para compartilos con todos. |
![]() |
O proxecto tiña como obxectivo concienciar o noso alumnado dos riscos do tabaco pero tamén pretendía compartilo coa nosa contorna; de aí que o levásemos ao multiúsos: |













Comentarios
Publicar un comentario