A publicación La Voz de Galicia ofrece para os centros de ensino este programa para coñecer o proceso de elaboración e produción dos textos periodísticos cunha morea de concursos e actividades creativas para o noso alumnado.
Este ano o departamento de Lingua Castelá participou coa publicación do xornal La Voz del Mendiño que elaborarou o alumnado de 3º de ESO a súa edición especial Idade Media onde se recollen todas as novas sobre o Cid (o seu desterro, o roubo aos xudeus Raquel e Vidas, a perda da súa espada, unha entrevista a Afonso VI, a súa necrolóxica, etc).
Para conmemorar o 8M Día da Muller, o alumnado de Lingua Castelá de 3º ESO elaborou unha serie de reportaxes divulgando as circunstancias vitais e a obra de diferentes mulleres que asinaron as súas obras ocultas baixo un pseudónimo masculino. Velaquí a publicación cos seus traballos: Escritoras ocultas tras pseudónimo masculino
O alumnado de 2º da ESO elaborou un suplemento cultural chamado La Voz de los Libros onde se recollen as recensións do alumnado sobre as súas lecturas preferidas e no que cada quen explica por que deberiamos ler eses libros.






Comentarios
Publicar un comentario