O noso alumnado participou asiduamente nunha serie de programas para Radio Redondela:
- Con motivo do Día da Paz, este ano levamos a cabo un fermoso proxecto en coordinación con todos os departamentos de linguas (galego, castelán, francés, inglés) e o Equipo de Dinamización Lingüística que consistiu en seleccionar poemas nas diferentes linguas utilizadas polo noso alumnado no seu ámbito familiar (asturiano, éuskaro, francés, árabe, malasio, portugués...). Leron o poema na aula e posteriormente configuramos unha revista Día da Paz onde se recollen os textos en galego e na lingua orixinal. Posteriormente, cada un deles gravou para a radio a súa interpretación do texto. Resultou un fermoso traballo de convivencia lingüística e respecto polas outras culturas e linguas que conviven na nosa contorna.
Estes traballos figuran na revista do instituto e tamén se poden consultar na páxina Web:
https://drive.google.com/file/d/1cUtjPRDo3VXh9AI2eVu9i5wF723YTez-/view?usp=sharing
- O programa do 19 de maio foi unha mesa redonda na que o noso alumnado de 1º de bacharelato valorou os resultados da enquisa sociolingüística elaborada no centro. Esta mesa redonda gravada na nosa radio RQR foi divulgada tamén en Radio Redondela. Velaquí a ligazón onde podedes escoitar ao alumnado e as súas valoracións titulado "E o galego para cando?"
https://drive.google.com/file/d/1ig5KvAocIywIanX0MnelvoxWA-PpzLuD/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario