Gañamos o concurso de poesía Anomar

 Nesta XVIII edición do Concurso de poesía Anomar, a alumna de 2º de Bacharelato Carmen Figueroa Gómez resultou gañadora do 1º premio, na 2ª categoría (ata 18 anos). O concurso está organizado pola Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos, no concello de Teo, en Santiago de Compostela. Os nosos parabéns para Carmen polo seu poema titulado “Roibén de despedida” e tamén para Ángela Crespo Zabaleta, a outra alumna de 2º de Bacharelato que resultou finalista, dentro da 3ª categoría (a partir dos 18 anos) polo seu poema “Eudaimonía”.




Comentarios