DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 23 DE FEBREIRO



 Con motivo da lembranza desta data o departamento de Galego en colaboración co de Música, organizou unha emotiva homenaxe á escritora con lecturas dos seus poemas e textos da escritora no recibidor do instituto por parte do alumnado de 1º de bacharelato para compartir con toda a comunidade educativa a homenaxe á nosa poetisa no día do seu nacemento, 23 de febreiro.

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística enviouselles aos titores unha selección dos poemas máis senlleiros da poetisa acompañados dun arquivo sonoro onde se recollen as interpretacións musicais que distintos grupos (Astarot, Carlos Núñez, Luz Casal, Amancio Prada...) fixeron dos textos da nosa poetisa para escoitalo na aula e homenaxear deste xeito á nosa autora.


 

Comentarios