Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro)

Co gallo da lembranza desta data lemos e comentamos nas titorías diferentes composicións senlleiras da escritora que dende o EDL se lles enviou aos titores acompañados dun arquivo sonoro onde se recollen as interpretacións musicais que distintos grupos (Astarot, Carlos Núñez, Luz Casal, Amancio Prada...) fixeron dos textos da nosa poetisa.

O Departamento de Galego en colaboración co de Música, organizou unha emotiva homenaxe á escritora con lecturas dos seus poemas e textos da escritora no recibidor do instituto para compartir con toda a comunidade educativa a homenaxe á nosa escritora no día do seu nacemento.




Comentarios