DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Neste 17 de maio de 2023 homenaxeouse a figura de don Francisco Fernández del Riego.

Para dar a coñecer a súa figura e o seu labor o EDL organizou unha exposición denominada “O pensamento galeguista de don Francisco Fernández del Riego” onde se imprimiron unha recompilación de dez fragmentos coas ideas do autor vertidas nas páxinas das súas obras máis senlleiras.

Realizamos unha reprodución do retrato que lle fixera Laxeiro e unha biografía do escritor. O alumnado da ESO visitou estes documentos expostos no recibidor do instituto e realizou unha ficha para coñecer e lembrar os feitos máis significativos desta importante figura do galeguismo.

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística convidamos ao seu estreito colaborador, Xosé González Martínez, quen lle contou ao noso alumnado aquelas iniciativas máis importantes que don Paco levara a cabo durante os anos da ditadura (participación no Seminario de Estudos Galegos, fundación da editorial Galaxia, edición da revista Galicia Emigrante, posta e marcha da Fundación Penzol... e moitas outras iniciativas que aínda están hoxe en proceso.

O intelectual concedeunos unha entrevista para a nosa radio RQR na que se debullan algúns destes datos da vida do homenaxeado e do noso convidado que devalaron xuntas en moitas destas propostas culturais a prol da nosa lingua.

O Departamento de Lingua Galega, tamén co gallo da celebración do día das Letras Galegas, realizou co alumnado de 3º de ESO a actividade: “Cartas a don Paco” onde o noso alumnado redacta textos dirixidos ao homenaxeado, Don Francisco Fernández del Riego, e neles reflexiona sobre os problemas do idioma galego e as súas propostas de mellora.










Comentarios