As tarefas desenvolvidas pola nosa radio RQR

Este ano puxemos en marcha o estudio de gravación da nosa radio escolar RQR. 

O profesorado continuou no grupo de traballo para coñecer máis polo miúdo o mundo da radio e o seu funcionamento. Pero o máis importante é que se puxo en marcha un grupo de traballo co alumnado e moitos dos traballos gravados nel foron publicados na páxina web creada para este fin https://rqr.gal/ e aloxados en Spreaker. 

Agrupáronse baixo tres series: Cercáronme as ondas, Musiqueando e Sen Spoilers.

Velaquí o alumnado que constituíu ese grupo de traballo:


 Cercáronme as ondas engloba os diferentes podcast elaborados no centro tanto de tarefas de ensino aprendizaxe como actividades complementarias e extraescolares.

A primeira publicación rexistra a actividade de observación astronómica realizada no centro coa Asociación Sirio. Pasamos momentos de suspense co podcast de “Relatos de medo”, entrevistamos a Sechu Sende, “Recitando a Rosalía”, achegámonos a figura de Florencio Delgado Gurriarán, gozamos coa poesía do Romancero gitano en primavera, reflexionamos sobre o almorzo saudable en “E ti, que almorzas?”, traballouse con escalas en “O sistema solar a escala”, e da man do Proxecta meteoescolas aprendemos sobre meteoroloxía en “Conversas do clima” e “Comprendendo os procesos meteorolóxicos en Galicia”.

“Musiqueando” é froito do gran labor realizado pola profesora de música Lucía Nores Fernández e do seu alumnado de segundo de bacharelato. Inclúe nove capítulos dedicados á afondar no coñecemento da música funcional ou de circunstancia. Velaquí o enlace para gozar da súa escoita:

Podcasts realizados por alumnado de 3º,4º de ESO e 2º de Bacharelato.

Esta morea de tarefas realizadas na radio durante este curso escolar, evidenciou as enormes posibilidades deste medio para traballar co alumnado e na nosa lingua.  

Velaquí o noso estudio de gravación:




Comentarios