DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA 21 DE MARZO

 

O Equipo de Dinamizacíón Lingüística en colaboración cos departamentos de linguas (Castelán, Galego, Francés e Inglés) realizou un proxecto conxunto co alumnado de 1º e 2º de ESO que consistiu na elaboración de poemas a partir de xogos lingüísticos propostos polo artista Raimond Quenau. A elaboración de textos nas diferentes linguas resultou un éxito e foi exposta no corredor do centro.

No curso de 3º de ESO realizouse en colaboración coa materia de Lingua Castelá unha lectura dramatizada por parte do alumnado dos seus poemas favoritos (en galego, castelán ou outras linguas) para darlles a coñecer aos compañeiros as súas preferencias poéticas, comentalas e compartilas nun día tan especial.

Velaquí as imaxes do traballo realizado:






Comentarios