O EDL en colaboración co departamento de Lingua Castelá traballou co alumnado de 3º ESO na investigación de escritoras con pseudónimo masculino.
Cada alumno elaborou cadansúa reportaxe sobre unha escritora que asinase a súa obra con pseudónimo de home. Os traballos reflexionan sobre as causas biográficas, culturais e ideolóxicas en xeral que provocaron este feito.
Posteriormente, realizamos un debate na aula sobre a necesidade do pensamento feminista na sociedade actual.
Velaquí a imaxe dese debate que amosa claramente que a concienciación sobre este tema está polarizada, necesitamos continuar traballando pola igualdade para implicar a toda a sociedade en igual medida:
As reportaxes foron reunidas nunha publicación dixital que pode ser consultada na seguinte ligazón Web:
https://drive.google.com/drive/folders/1GSJllQsJfsuH-PT-OJRIDmGDCAntZu11?usp=sharing




Comentarios
Publicar un comentario