Dende o EDL fixemos unha exposición no primeiro andar do instituto cun enorme mapa de Galicia onde situamos os diferentes entroidos de toda Galicia para dar a coñecer a toda a comunidade educativa esta enorme riqueza cultural.
A maiores dende Dinamización Lingüística enviamos aos titores vídeos coas gravacións de cada un deles e a explicación individualizada das súas peculiaridades.
Coma cada ano no instituto celebramos unha gran festa onde moito do alumnado, profesorado e outros membros da comunidade educativa viñeron disfrazados a clase o venres para participar da festa con xogos tradicionais, concurso de tortas, baile...
Pódese consultar documento gráfico na revista do centro.




























Comentarios
Publicar un comentario