NADAL 2022

Coma cada ano coa chegada do Nadal o alumnado realiza unha morea de actividades. Este ano houbo tres liñas de traballo:

1. A decoración das aulas.

2. A escrita de cartas e postais de Nadal para os maiores de tres residencias.

3. O concerto de Nadal organizado polo departamento de Música: Representación da Cantiga medieval de Afonso X, O Sabio, concretamente a cantiga 213 adaptada ao galego actual.

O departamento de Plástica elaborou co seu alumnado unha variada mostra de árbores de Nadal que se expuxeron na parede de cada aula de 1º da ESO. Foi o propio alumnado quen elaborou as mensaxes que aparecen con desexos de feliz Nadal para todos.









 
A proposta do departamento de Plástica, Relixión, o EDL e os departamentos de Xeografía e Historia, Matemáticas... este ano, o alumnado do noso centro participou nun proxecto precioso proposto polo departamento de Relixión, que consistiu en elaborar postais de Nadal para enviarlles aos moradores dunha residencia de maiores. Foi tal o éxito da iniciativa que dous profesores con familiares usuarios deste servizo tamén levaron as cartas cheas de agarimo e bos desexos para os maiores que deste xeito se sentiron máis queridos e acompañados nestas datas tan especiais.
Foi un fermoso xesto de solidariedade, conciencia cívica e afecto do noso alumnado.
Velaquí a mostra dalgunhas das achegas: 
 









Comentarios