O departamento de Música xunto co de Lingua Galega, organizaron unha saída co alumnado de 4º de ESO o día 3 de novembro de 2021. A visita ao Museo Provincial de Pontevedra tiña como obxectivo afondar no coñecemento da vida do violinista Manuel Quiroga e do polifacético Alfonso D. Rodríguez Castelao. Tras a visita, realizaron un roteiro guiado polo casco histórico para coñecer mellor os lugares máis emblemáticos que frecuentaron os persoeiros estudados. O alumnado reflectiu esta saída en memorias de traballo que se poden visualizar no seguinte enlace:
Memoria da saída realizada por Antía Martínez e Raquel Puentes

Comentarios
Publicar un comentario