O departamento de Lingua Castelá en colaboración co EDL e o Proxecto Igualdade realizou un concurso de carteis para promover o respecto cara ás mulleres e cuestionar os comportamentos irrespectuosos por cuestión de xénero.
Posteriormente fixemos unha exposición con aqueles carteis máis orixinais que titulamos: "Condúcete ao xeito. 25N Día contra a Violencia de Xénero"
Velaquí as imaxes máis significativas:

Ademais nos grupos de 3º de ESO tamén se conmemorou o 25N con debates para reflexionar sobre os comportamentos irrespectuosos contra a muller. Velaquí a imaxe do alumnado de 3º ESO C durante a súa celebración que verifica a necesidade de máis educación sobre o tema (o alumnado masculino afirma que as políticas de defensa de xénero femenino son excesivas, mentres que o alumnado feminino está de acordo ou dubida da súa equidade).

Dentro das actividades desenvolvidas con motivo do 25N, e formando parte do programa Prensa-escola, o alumnado de 2º de ESO realizou unha pescuda de viñetas sobre a violencia de xénero aparecidas en diferentes xornais para reflexionar sobre as conductas incorrectas relacionadas co día da violencia de xénero.
Posteriormente, eliximos unha viñeta gañadora que se expuxo na aula e fixemos un debate sobre o feminismo e a súa necesidade na sociedade actual:



Comentarios
Publicar un comentario