Premio no concurso Móvete organizado polo ILGA en Santiago de Compostela en outubro de 2021

 Comezamos xa o mes de outubro de 2021 cunha alegría ao obter un premio a nivel autonómico outorgado polo Instituto da Lingua Galega. Queremos ofrecerlles novamente os nosos parabéns ás alumnas: Silvia Avelleira Bastos, Candela Crespo Acuña, María del Cueto Mouriño e Sabela Gunche Barreiro. Estas estudantes de bacharelato elaboraron un fermoso vídeo titulado: “Podo chamarlle nación” que foi un dos tres finalistas do concurso Móvete, organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Resultaron premiadas na categoría Conmóvete co galego, na modalidade de grupo. A súa proposta foi seleccionada entre traballos de toda Galicia.




Comentarios