Os profesores Óscar Pérez Blanco e Ignacio Sánchez Arines (Iñaki),
ambos do departamento de Matemáticas, organizaron a actividade
denominada: “O sistema solar para pequenos curiosos” en
colaboración co grupo Sirio do observatorio astronómico de Cotobade
que consistiu na observación nocturna do espazo visible para nós
dende Redondela.
Observamos galaxias próximas a nós (por exemplo, a galaxia Andrómeda); planetas do noso sistema solar coma Saturno cos seus aneis, Xúpiter con tres das súas lúas, Marte na súa coloración vermella...), tivemos unha perspectiva única moi aumentada da lúa, vimos estrelas dobres... A actividade resultou un éxito que foi gozado por preto dun cento de alumnos e alumnas que se achegaron ao centro a noite do sábado 22 de outubro.

Comentarios
Publicar un comentario