Como sabemos a conmemoración do Día da Muller Escritora arrancou no ano 2016 por iniciativa da Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas. Dende aquela, esta conmemoración procura visibilizar o labor das mulleres no ámbito literario. Este día celébrase cada ano o luns máis próximo á data do 15 de outubro, correspondente a festividade da escritora e relixiosa santa Teresa de Ávila.
Dende o EDL propuxémoslle ao alumnado de 3º da ESO a elaboración de reportaxes sobre diferentes escritoras relevantes en lingua galega, entre as que se contan: Yolanda Castaño, Carmen Blanco, Úrsula Heinze, María Xosé Queizán, Xela Arias, María Solar entre outras.
Con eses traballos realizamos unha exposición no recibidor do IES Mendiño titulada:
DÍA DA MULLER ESCRITORA. A ESCRITA DE MULLER.
Velaquí as imaxes deste evento:


Comentarios
Publicar un comentario