Este ano retomouse esta publicación que conta xa o número 33. Sempre se publicou en formato papel para a súa divulgación directa entre o alumnado, pero este ano comezamos a publicación dixital na páxina web do centro para achegarnos a toda a comunidade educativa.
Esta é unha actividade moi interesante para promover a comunicación interxeracional e lembrar as formas tradicionais de elaboración dos nosos produtos nas distintas datas sinaladas do ano. Nesta entrega, e xa van alá 33, trátase das receitas de primavera (roscón de Pascua, navallas, lamprea á galega...). Unha publicación deliciosa.

Comentarios
Publicar un comentario