O proxecto MeteoMendiño

Este proxecto coordinado pola profesora Liliana Monetti de Bioloxía consiste na posta en marcha dunha estación meteorolóxica no noso centro e unha serie de actividades relacionadas co seu funcionamento.

As producións do alumnado publicáronse no blog dos proxecta do IES Mendiño, no apartado Meteoescolas. A súa ligazón:

https://proxectamendinho.blogspot.com/2021/11/dddd.html


 Velaquí a medida dos datos realizada na estación meteorolóxica por alumnas de 1º da ESO:



 Entre as actividades desenvolvidas ao redor da estación meteorolóxica están a recolleita dunha morea de refráns sobre o tempo, a elaboración de un glosario dos termos máis empregados para coñecer o seu significado, a redacción de predicións do tempo en francés...


 O profesor Carlos Fernández Rey elaborou co seu alumnado de 1º de ESO unha morea de instrumentos para medir diferentes parámetros do tempo atmosférico.



Comentarios