O departamento de lingua Galega traballou co noso alumnado de 1º de bacharelato na realización de vídeopoemas e participaron no V Concurso de vídeopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía de Castro e Manuel María.
Este certame convocado pola Casa-Museo Manuel María, que celebraba este ano a súa quinta edición a nivel autonómico outorgoulle aos nosos alumnos o terceiro premio.
Velaquí os enlaces aos nosos premiados:
Vídeo de Rosalía de Castro “Negra sombra” realizado por Carla Touceda e Álex Rubiñán, podedes velo nesta ligazón
Vídeo de Rosalía de Castro “Adiós ríos, adiós fontes” realizado pola alumna Carla Ferro Vallejo, podedes velo nesta ligazón
Vídeo de Manuel María “As orixes” realizado por Cecilia Agulla Ríos, podedes velo nesta ligazón

Comentarios
Publicar un comentario