Festa dos Maios

Con motivo da chegada do primeiro de maio o alumnado de 1º de bacharelato elaboraron un maio e as coplas típicas de benvida da nova estación e de reivindicación social.



 No corredor do instituto expúxose o maio e mailas coplas e bailáronse como manda a tradición.




MAIO “OS SOBRANTES

Despois destes dous, tres anos

aquí estamos os sobrantes

que para facer o maio

roubamos aos concursantes.


Sentimos non presentarnos,

sentimos de corazón,

esta falta de modais

é culpa da dirección.


Os de Ciencias van de listos

e déixannos como parvos

pero eu na súa clase

aínda non vin un aprobado.


Se tes ganas de mexar

e estás no piso de arriba,

antes de chegar abaixo

xa te mexaches por riba.


Os listos dos profesores

deixan as ventás abertas,

cando estamos en inverno

collemos unha hipotermia.


Os ladróns de Fenosa

embargáronme a casa

e logo da corentena,

débedas veñen en masa.


Xa nos imos, xa nos vamos

volveremos outro ano

coas pilas ben cargadas

para dar outro repaso.


Comentarios