Este ano 2022 o día das nosas letras homenaxeou a figura de Florencio Delgado Gurriarán e para honrar a este autor no noso instituto elaboráronse diferentes actividades:
Organizouse unha exposición coa súa biografía en carteis de grandes dimensións que se expuxo na cafetería do instituto para que toda a comunidade educativa coñecese a súa vida, obra e o legado cultural e ideolóxico.
Dende EDL compartimos cos titores da ESO unha unidade didáctica, unha antoloxía dos textos máis representativos do autor e un pequeno vídeo onde se explica o seu labor cultural e a complicada situación histórica na que lle tocou vivir e que condicionou o desenvolvemento da súa vida e do noso idioma.
En 1º de Bacharelato de maneira interdisciplinar, os departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia, levouse a cabo a produción dun pódcast sobre o escritor homenaxeado neste 2022 polas Letras Galegas. O alumnado de 2º de bacharelato que cursaba Literatura Galega do século XX achegou a voz, o departamento de Música colaborou coa parte musical e Xeografía e Historia ocupouse da edición do son. O pódcast quedou finalista no concurso “O vello dos contos”. Podédelo escoitar no seguinte enlace:
![]() |
En colaboración co Departamento de Lingua Galega, tamén co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de bacharelato e de 4º de ESO, participou o día 18 de maio nun recital sobre o escritor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán.
Velaquí as imaxes da súa actuación ante os compañeiros recitando poemas do noso homenaxeado, tocando e bailando:




Comentarios
Publicar un comentario