O 9 de abril o noso alumnado participou no Festival Artelixo na súa XV edición en Redondela, na praza das antigas casas dos mestres. Este festival realízase anualmente no noso concello e ten como obxectivo implicar a mocidade tanto na organización como na participación do festival, constitúe un divertido día de convivencia e arte.
Dende o departamento de Música prepararon unha fermosa participación. Foi a primeira audición que tiñamos dende a pandemia e supuxo para o alumnado un momento moi especial. Podedes revivila na seguinte ligazón:
O noso centro tamén participou coa elaboración desta fermosa escultura:
Na súa montaxe participaron unha morea de mendiños e mendiñas. Velaquí a mostra:



Comentarios
Publicar un comentario