Relatorio da doutora Victoria Aldea para o proxecto “Clases sen fume”

O 16 de marzo de 2022 visitounos a doutora Victoria Aldea para darlle unha charla sobre o tabaquismo e as súas consecuencias no noso organismo ao alumnado de 2º da ESO dentro do proxecto “Clases sen fume”.



Dentro deste proxecto o noso alumnado elaborou unha morea de slogans e carteis para concienciar a toda a comunidade educativa sobre as consecuencias do tabaquismo. Velaquí os escollidos para encher os muros do instituto e facer deste xeito a nosa propaganda antitabaco.


 Tamén se elaboraron xogos coma un pasapalabra, velaquí os alumnas de 2º ESO A colgando o da súa clase:



 Os alumnos de 2º ESO C crearon un rap antitabaco que cantaron para a nosa radio RQR; velaquí a súa letra:




Comentarios