Día internacional da Poesía (21 de marzo)

O alumnado de 2º e 3º de ESO realizou na materia de Lingua Castelá co gallo do "Día Internacional da Poesía" unha lectura dramatizada dos seus poemas favoritos (en galego, castelán ou outras linguas) para darlles a coñecer aos compañeiros as súas preferencias poéticas e compartilas nun día tan especial.

O departamento de Galego fixo unha preciosa exposición sobre 14 mulleres poetisas na nosa lingua para divulgar a súa obra. Velaquí as imaxes da mesma expostas na cafetaría:





Comentarios