Día internacional da Muller (8 de marzo)

Con gallo da conmemoración do día da muller o alumnado de 1º ESO de Oratoria desenvolveu un traballo de investigación sobre aquelas mulleres que marcaron un fito na nosa historia: Concepción Arenal, Verónica Boquete, Isabel Cendal etc. 

A continuación fixeron unha exposición oral para contarlles aos seus compañeiros os datos máis significativos da biografía da muller que cada un elixiu e posteriormente imprimimos os diferentes traballo e expuxémolos no corredor do primeiro andar onde se sitúan as aulas de 1º e 2º ESO para divulgar entre toda a comunidade educativa as diferentes figuras traballadas.



Tamén o alumnado de pedagoxía terapéutica, con Lali, fixo a súa achega para esta data:

 

O alumnado de 3º da ESO realizou un fermoso traballo sobre a utilización de pseudónimos masculinos por parte de mulleres escritoras. Traballaron con 23 autoras, fixeron cadanseus carteis coa biografía e obra de cada unha delas e finalmente realizamos a exposición “Mulleres escritoras tras pseudónimo” no corredor do instituto para divulgar o traballo entre toda a comunidade educativa.



Ao abeiro do proxecto “365 días de igualdade” a profesora Almudena Suárez Cerviño puxo en marcha diferentes iniciativas. A exposición “Sabías que seran sabias?” sobre as mulleres que sufriron o efecto Matilda e das que a profesora Liliana Saco Álvarez co alumnado de 4º ESO deseñou camisetas.


En colaboración co departamento de Educación Física tamén puxeron en valor as mulleres pioneiras no deporte con carteis nos corredores do instituto.


 Realizouse a exposición “Rompendo os mitos do amor romántico”:


 Homenaxeouse á aquelas que traballaron polo noso benestar coa exposición: “Mulleres traballando pola nosa saúde”, coordinada pola profesora Liliana Monetti.


A profesora Almudena Suárez Cerviño puxo en marcha un concurso “As pezas que faltan” que consistía en resolver as pistas e investigar con que fotografía se correspondía cada unha das mulleres dos carteis propostos. O alumnado que quixese participar debía cubrir un formulario coas súas respostas habilitado na páxina web do centro.  


O instituto encheuse das pezas para completar o puzzle e, constituíu unha fermosa iniciativa para coñecermos máis e mellor a unha morea de mulleres senlleiras.

O concurso gañouno a alumna Sara Lago de 2º ESO C




Comentarios