Concurso “Mensaxes de San Valentín”

Coma cada ano, o grupo de traballo da nosa biblioteca organizou a “Hora de ler”, onde unha vez á semana todo o alumnado da ESO lle dedica unha hora lectiva a esta actividade tan importante para a súa formación.

Como adoita facer, tamén nos ofreceu unha morea de proposicións para a nosa lectura en cadanseu momento do ano; por exemplo, fixeron no mes de santos a exposición “Lecturas terroríficas”, con motivo do Día do Libro xurdiu “Eu recomendo” ...

Ademais, o grupo de traballo da biblioteca organizou un concurso de tarxetas de amor con motivo da celebración do Día de San Valentín. A tarxeta podía ir dirixida a calquera persoa (namorado/a, amigo/a, avó/avoa, pai/nai...) o obxectivo era incentivar a creatividade e a expresión escrita do noso alumnado.

Houbo premios para as tres mellores tarxetas.

 A gañadora do 1º premio foi a alumna Alba Otero Vaz de 2º de bacharelato


 O segundo premio levouno Laura González de 2º de bacharelato



 O terceiro premio gañouno Alba Fernández Garrido



Comentarios