Relatorio sobre “O patrimonio inmaterial de Redondela” do profesor Xosé Couñago ao alumnado de Oratoria
O venres 3 de decembro acudiu ás clases de Oratoria o profesor Xosé Couñago para falarlle ao noso alumnado das lendas do noso concello. Esta actividade encádrase no proxecto “Unha Redondela de Lenda” que ten como finalidade recoller o patrimonio inmaterial do noso concello co noso alumnado de Oratoria.
Velaquí as imaxes do encontro:
Tamén se lle fixo unha entrevista ao convidado que se pode escoitar na sección “Dándolle ao veo” da nosa radio escolar RQR.
Velaquí o noso periodista, Rubén Darriba Alén co profesor Xosé Couñago durante a gravación da entrevista:
Paralelamente realizouse unha exposición no corredor do instituto para dar a coñecer as lendas máis tradicionais do noso concello á comunidade escolar.



Comentarios
Publicar un comentario