Nadal 2021

Co gallo da celebración do Nadal dende o EDL envióuselle a toda a comunidade educativa a través de abalar a proposta “Para botarmos unha cantada”, consistente nunha selección das letras de cantigas tradicionais máis populares nas nosas sobremesas para cantaren nestas festas.
O departamento de Música, debido á incidencia da COVID, non puido facer ningunha audición pública pero 4º ESO, 1º e 2º de BACH realizaron vídeos con cantos tradicionais para felicitar a toda a comunidade educativa estas festas. 

Velaquí o enlace para gozar delas:


Enlace para acceder aos vídeos de nadal

O EDL, en coordinación co Departamento de Plástica, proxectamos elaborar co alumnado da ESO árbores de papiroflexia e outras con mensaxes na nosa lingua para expresar os nosos mellores desexos nestas festas.


Alumnado de 3º ESO A ao pé da súa árbore de Nadal na aula







Comentarios