Gañamos o premio “Cambados, Mar de Letras 2021”

 As nosas alumnas de 2º Bacharelato C, Laura González Rubiñán e Alba Otero Vaz, participaron na convocatoria autonómica do IV Concurso Literario “Cambados Mar de Letras 2021” que organiza o IES Francisco Asorey de Cambados co patrocinio do Concello de Cambados.

O relato “Un soño” escrito por Laura González Rubiñán gañou o 2º premio na modalidade de relato curto. Pola súa banda, o relato “Vivas lembranzas” do que é autora Alba Otero Vaz obtivo unha mención honorífica.

Velaquí tedes ás nosas mendiñas recollendo os seus premios. Están enchidas de orgullo.... e nós tamén. Parabéns!

As nosas gañadoras, Alba e Laura na praza de Fefiñáns, en Cambados




Comentarios