Co gallo da conmemoración do nacemento do escritor Daniel Alfonso Rodríguez Castelao o 29 de xaneiro e do seu pasamento o día 7, dende o EDL decidimos nomear a xaneiro o mes do noso escritor e facer unha exposición para dar a coñecer a súa obra Cousas.
Colocamos no corredor do primeiro andar as doce láminas máis senlleiras deste álbum e fixemos co alumnado de 3º da ESO textos argumentativos e debates sobre os temas que nelas trata Castelao a xustiza social e a defensa da identidade galega.





Comentarios
Publicar un comentario